sábado, 31 de octubre de 2015

Ola, moi boas, son Marta. Neste curso irei presentándovos as miñas novas lecturas. A primeira obra que leín este curso foi  "O corazón de Xúpiter".A continuación farei unha ficha sobre os datos do libro.



O CORAZÓN DE XÚPITER:

      Autor/a:  A autora desde maravilloso libro é Ledicia Costas, nada en Vigo o 19 de setembro de 1979. Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Traballou no mundo do guión cinematográfico e do audiovisual participando no proceso creativo de diversos documentais, labor que compaxina coa participación en diversos recitais, coa creación literaria e co exercicio profesional da avogacía. É unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia.


    Argumento: Esta obra trata sobre Isla, unha adolescente que se muda de cidade e que lle costa moito adaptarse, xa que o primeiro día, Carballo xa lle collera o mal de ollo e facialle a vida imposible. Por sorte Isla coñeceu a Mar e a Anxo os seus mellores amigos, axudabanlle en todo, pero a pesar de eso Isla falaba con Xúpiter que era un rapaz do chat, no chat Isla facíase coñecer como Casiopea. Isla sempre foi unha fanática da astronomía , encantaballe saber cousas sobre o espazo e sobre os planetas. Cando Isla se deu de conta de que lle gustaba Xúpiter decideu quedar con él para coñecelo. Na escola Carballo seguía facendolle a vida imposible. A Anxo, o amigo inseparable de Mar e Isla, gustaballe Isla. Cando chegou o día tan esperado para Isla de coñecer a Xúpiter levou a grata sorpresa de que... Xúpiter en realidade era un home de cincuenta anos e de que tódalas suas ilusións se perderan naquel intre. Xúpiter deixouna inconsciente e levouna ata a praia, alí estaba Mar esperando por Isla falando con Carballo, a que facía uns días lle morrera a nai, Carballo díxolle a Mar que odiaba a Isla porque pensaba que elas dúas eran mozas,xa que estes dous eran mozos e despois da súa ruptura Mar fixérase homosexual, pero Mar explicoulle a Carballo de que non era así. Cando Mar se deu de conta de que Isla estaba sendo arrastrada cara a praia saíu a correr tras ela, e con ela Carballo. Pero cando chegaron xa era demasiado tarde Isla foi afogada polo que creía o seu amor verdadeiro.


   Tema: A obra trata sobre amor, desamor, amizade, e sobre todo o perigo das novas tecnoloxías.

   Estructura: 

- Externa: A obra conta con 216 páxinas, 20 cápitulo e un prólogo
-Interna: Conta cunha introducción na que se coñecen os personaxes, con un nó  no que se desenvolve a obra e suceden os acontecementos, e un desenlace no que os acontecementos dan co seu fin.


  Personaxes

-Isla: Rapaza adolescente que se muda e que cree encontrar a o amor da súa vida.
-Mar: Amiga íntima de Isla, axuda a Isla en todo. 
-Anxo: Amigo de Isla e Mar. Os tres son inseparables.
-Xúpiter: Amigo cibernético de Isla.



  Lugar onde transcorre a acción: Nunha pequena vila.


  Tempo: 

-Época: Actualidade
-Duración: Un curso escolar


Técnicas narrativas: Está contada en terceira persoa, omnisciente. O principio hai unha prolepse e o final unha analepse.

Vocabulario: Coloquial.


Opinión persoal: Opino que o título non é de todo adecuado co argumento da obra eu porialle "A confianza mata". Gustoume moito porialle un nove sen dúbida porque o final non mo esperaba. Sorprendeume moito o que pode chegar a sufrir alguén tan xoven.