A NEVE INTERMINABLE
TÍTULO: A neve
interminable.
AUTOR: Agustín Fernández
Paz naceu no 1947 en Vilalba (Lugo). É perito industrial e licenciado en
Ciencias da Educación. N a actualidade dedícase a escritura. Unha das súas
primeiras obras foi Cartas de Inverno e algunhas das máis importantes: Aire
Negro (2000), Rapazas (2003), Trece Anos de Branca (1994)…
EDITORIAL: Xerais.
Nº DE PÁXINAS: 180
páxinas.
XÉNERO: De medo
TEMAS:
-Principais: o medo e o
terror.
-Secundarios: a vinganza e
a amizade.
Personaxes:
-Principais:
Diego: parexa de Irene e
amigo de Alba.
Alba: a narradora e
coordinadora do grupo.
Irene: parexa de Diego e
amiga de Alba.
Miro: amigo da parexa e
tamén compañeiro dos sucesos.
Ruth: amiga da parexa e
tamén compañeira dos sucesos.
-Secundarios:
Damián: marido de Sabine e
dono do hostal.
Sabine: muller de Damián.
Abraham: tradutor que
traballa no hostal.
Rebeca e Tania: mozas que
tamén se hospedan alí e desaparecen.
ÉPOCA: Século XVI.
DURACIÓN: Unha semana
aproximadamente.
LOCALIZACIÓN: Hostal
Providencia, no concello d’A Fonsagrada.
ESTRUCTURA: Capítulos.
É descontinuo, xa que
falan e lembran cousas do pasado.
ESTILO:
VOCABULARIO: Culto.
RECUROS ESTILÍSTICOS:Si,
metáfora, unha frase que o autor di a miúdo, ‘’Xeóuseme a sangue’’.
ARGUMENTO:
Alba
Novo, unha guionista encárganlle ir ás montañas de Lugo a facer o guión dunha
serie chamada ‘’As fronteiras do medo’’.
Unha
produtora ponlle o posto de coordinadora do grupo, e esíxenlle escoler 4
persoas que lle acompañarán, non dudou en Diego e Irene, compañeiros da
facultade. Nunha cea que organizaron para falar do tema, preséntanlle a Miro e
a Ruth, amigos da parexa e unhas persoas que lle pareceron idóneas a Alba para
iso.
O
18 de xaneiro saen cara o hostal onde se hospedarían, chamado ‘’Hostal
Providencia’’, onde quedaron incomunicados. Rebeca e Tania, dúas mulleres que
tamén se hospedaban alí e cas que coincidían a miúdo colleron rumbo a Lugo con
Damián, nunca máis volveron.
Xa
que non había electricidade e fartos do aburrimento, decidiron que cada un
escribise un relato de medo e despois leríanse en alto para todos.
O
primeiro foi Miro cun relato chamado ‘’A Casa Azul’’ que contaba a historia dun
neno chamado Carlos que vivía en Pontevella. Cada día ía ao prado ca súa nai,
pero sempre pasaban por xunto a Casa Azul e a súa nai sempre baixaba a cabeza,
nunca entendeu isto, ata que foi máis maior, e fixeron unha aposta el e os
amigos na que tiñan que manterse ata que
puidesen cerca da casa, Carlos non tardou en voltar xa que escoitaba
ruídos, arañazos…Anos despois casouse
con Diana e o seu sogro, que era arquitecto, íalles agasallar un chalé, pero
este estaba situado onde estivera a casa. Cada noite escoitaba os mesmos ruídos que aquel día de cativo, ata
o día que morreu, dun repentino incendio do que ninguén soubo as causas.
A
segunda foi Irene cun relato chamado ‘’Herdanza de sangue’’ que narraba a
historia dun home chamado Roque, que se separara fai pouco e que se mudara á
casa do seu tío Cristovo que morrera fai pouco e lla deixara en herdanza. Un
día Lavina, unha fel amiga de Cristovo, díxolle que podía seguir facendo unha
renda a artistas que viña á cidade decidiu utilizar de renda unha habitación
que tiña un peculiar espello. Todos os inquilinos deixaban a cada de madrugada
e cunha nota, isto pareceulle moi estraño e decidiu e durmir alí 3 noites, pola
noite escoitaba ruídos, vía sombras… ata o día que decidiu abrir os ollos e
deuse de conta que era o seu tío máis a filla deste e que o converteran nun vampiro.
Os
días seguían pasando sen novidades ata que Ruth atopou nun sobre debaixo da
mesa de noite, unha carta dunha rapaza chamada Lucía que estivo alí hospedada e
un día en Lugo paseando polas rúas atopou unha páxina dun xornal que falaba dun
accidente que lle sucedera a un mozo e unha moza romaneses que coincidían cas
iniciais de Damián e Sabine. Ao chegar ao hostal os donos xa se entearan do que
pasara e ameazárona e dixéronlle que sería a derradeira noite que estaría alí.
Ao acabar de ler Ruth isto todos quedaron abraiados e empezaron a falar de
temas aleatorios. Ao caer a noite Alba escoitou falar a Sabine con Damián de
que se encargarían da do pelo azul cousa que se refería a Ruth, xa que tiña o
pelo así.
O
seguinte relato foi o de Diego chamado ‘’A néboa da vinganza’’ que dicía o que
lle sucedera a un rapaz que sempre xogaba cos seus amigos no prado de Daniel,
un home do pobo, este non lle deixaba e cada vez que os vía chamaba polo Dólar,
o seu can, un mastín enorme. Canso disto, o rapaz escoitou unha conversación
entre o seu tío e a súa nai e dicía que ía a comprar veleno para as patacas e
así e o que se lle ocorreu foi envelenar ao can, e así foi, ca consecuencia de
que este morrera. Pasou días sen saír da casa. Daniel cruzábase co rapaz e
mirábao raro e incluso nalgún momento fixo unha especie de ameazas. Aos 19 anos
marchou cara a cidade a estudar e deixou atrás todos esas cousas que tiña na
cabeza da súa infancia. Os rumores chegaron a el, Daniel morrera. Anos despois
camiño a vila para ir visitar aos seus pais, na estrada había moita néboa e en
medio desta apareceu un home, Daniel, era o seu espírito, e fico que o home
tivera un accidente. Cada un seguiu ca súa vida e Carlos por fin esqueceu eses
malos ratos que pasara.
Despois
Ruth leu o seu relato chamado ‘’Un incidente no internado’’ que contaba o que
lles pasara a dúas xemelgas, Ester e Rebeca,fillas do conserxe dun internado, a
miúdo ían ao río e a súa nai, advertíaas sempre de que podían caer. Cada
domingo ían ata Mourelle onde nunha taberna sempre atopaban cos nenos que lle
gustaban, Santi e Ignacio, que ían acompañados do seu amigo Mateo.
Acompañáronas a por castañas e unha vez alí Santi fixo un xesto non moi
agradable contra Rebeca e esta intentando escaparse, resbalou por unha ladeira abaixo, ata chegar ao río
onde caeu, e minutos despois a súa irmán intentando axudar. Levadas pola
corrente chegou o momento que perderon o coñecemento. Cando se espertaron
estaban nas súas ca,as respectivas e xa pasaran 2 meses dende iso, déronse de
conta que ninguén lle facía caso e non o entenderon ata que atoparon unha
carpeta que poñía ‘’Ester e Rebeca’’ onde había recortes de xornais nos que
falaban da morte destas. Coma agora eran espíritos andaban polo internado onde
vivían os mozos cos que estiveran aquel día. Mantiñan longas conversacións os
tres do que pasara aquel día e cansas das ganas de vingarse as xemelgas e
envelenaron a Santi e a Ignacio con gasosa e arsénico. Co que non contaban as
rapazas e que lle botaran a culpa a Mateo, o compañeiro dos rapaces pero así
foi. O día que o detiveron non sabían que facer para que non o detiveran así
que decidiron tirar dende o alto do internado unha estatua caen enriba de Mateo
provocando a morte deste. Agora xa terían amigos cos que falar.
Ao
acabar Ruth de ler o seu relato todos quedaron calados e un rato despois Sabine
expuxo o que pensaba de todos os relatos. Minutos despois viuse unha sombra,
era Damián, ameazounos con que ían morrer, pero pouco despois os seus corpos
esvaecéronse (o de Damián e Sabine) e desapareceron, con isto déronse conta de
que a neve viña sento que a morte cae sobre os vivos e tamén sobre os mortos
COMENTARIO: O libro
encantoume, aínda que por veces fíxome pasar medo. É un libro que engancha xa
que empezas a lelo e quédase cas ganas de saber o que pasará. Gustoume moito.
PUNTUACIÓN NUMÉRICA: 10.
RECOMENDACIÓN LECTORA: Eu recomendo este libro a xente que
lle gusten as historias de medo e de terror, que lle guste pasar medo e sobre
todo moita intriga.
NOVA PORTADA: