miércoles, 4 de mayo de 2016



A NEVE INTERMINABLE
TÍTULO: A neve interminable.

AUTOR: Agustín Fernández Paz naceu no 1947 en Vilalba (Lugo). É perito industrial e licenciado en Ciencias da Educación. N a actualidade dedícase a escritura. Unha das súas primeiras obras foi Cartas de Inverno e algunhas das máis importantes: Aire Negro (2000), Rapazas (2003), Trece Anos de Branca (1994)…

EDITORIAL: Xerais.

Nº DE PÁXINAS: 180 páxinas.

XÉNERO: De medo

TEMAS:

-Principais: o medo e o terror.

-Secundarios: a vinganza e a amizade.

Personaxes:

-Principais:

Diego: parexa de Irene e amigo de Alba.

Alba: a narradora e coordinadora do grupo.

Irene: parexa de Diego e amiga de Alba.

Miro: amigo da parexa e tamén compañeiro dos sucesos.

Ruth: amiga da parexa e tamén compañeira dos sucesos.

-Secundarios:

Damián: marido de Sabine e dono do hostal.

Sabine: muller de Damián.

Abraham: tradutor que traballa no hostal.

Rebeca e Tania: mozas que tamén se hospedan alí e desaparecen.

ÉPOCA: Século XVI.

DURACIÓN: Unha semana aproximadamente.

LOCALIZACIÓN: Hostal Providencia, no concello d’A Fonsagrada.

ESTRUCTURA: Capítulos.

É descontinuo, xa que falan e lembran cousas do pasado.

ESTILO:

VOCABULARIO: Culto.

RECUROS ESTILÍSTICOS:Si, metáfora, unha frase que o autor di a miúdo, ‘’Xeóuseme a sangue’’.

ARGUMENTO:

         Alba Novo, unha guionista encárganlle ir ás montañas de Lugo a facer o guión dunha serie chamada ‘’As fronteiras do medo’’.

Unha produtora ponlle o posto de coordinadora do grupo, e esíxenlle escoler 4 persoas que lle acompañarán, non dudou en Diego e Irene, compañeiros da facultade. Nunha cea que organizaron para falar do tema, preséntanlle a Miro e a Ruth, amigos da parexa e unhas persoas que lle pareceron idóneas a Alba para iso.

O 18 de xaneiro saen cara o hostal onde se hospedarían, chamado ‘’Hostal Providencia’’, onde quedaron incomunicados. Rebeca e Tania, dúas mulleres que tamén se hospedaban alí e cas que coincidían a miúdo colleron rumbo a Lugo con Damián, nunca máis volveron.

Xa que non había electricidade e fartos do aburrimento, decidiron que cada un escribise un relato de medo e despois leríanse en alto para todos.

O primeiro foi Miro cun relato chamado ‘’A Casa Azul’’ que contaba a historia dun neno chamado Carlos que vivía en Pontevella. Cada día ía ao prado ca súa nai, pero sempre pasaban por xunto a Casa Azul e a súa nai sempre baixaba a cabeza, nunca entendeu isto, ata que foi máis maior, e fixeron unha aposta el e os amigos na que tiñan que  manterse ata que puidesen cerca da casa, Carlos non tardou en voltar xa que escoitaba ruídos,  arañazos…Anos despois casouse con Diana e o seu sogro, que era arquitecto, íalles agasallar un chalé, pero este estaba situado onde estivera a casa. Cada noite escoitaba  os mesmos ruídos que aquel día de cativo, ata o día que morreu, dun repentino incendio do que ninguén soubo as causas.

A segunda foi Irene cun relato chamado ‘’Herdanza de sangue’’ que narraba a historia dun home chamado Roque, que se separara fai pouco e que se mudara á casa do seu tío Cristovo que morrera fai pouco e lla deixara en herdanza. Un día Lavina, unha fel amiga de Cristovo, díxolle que podía seguir facendo unha renda a artistas que viña á cidade decidiu utilizar de renda unha habitación que tiña un peculiar espello. Todos os inquilinos deixaban a cada de madrugada e cunha nota, isto pareceulle moi estraño e decidiu e durmir alí 3 noites, pola noite escoitaba ruídos, vía sombras… ata o día que decidiu abrir os ollos e deuse de conta que era o seu tío máis a filla deste e que o converteran nun vampiro.

Os días seguían pasando sen novidades ata que Ruth atopou nun sobre debaixo da mesa de noite, unha carta dunha rapaza chamada Lucía que estivo alí hospedada e un día en Lugo paseando polas rúas atopou unha páxina dun xornal que falaba dun accidente que lle sucedera a un mozo e unha moza romaneses que coincidían cas iniciais de Damián e Sabine. Ao chegar ao hostal os donos xa se entearan do que pasara e ameazárona e dixéronlle que sería a derradeira noite que estaría alí. Ao acabar de ler Ruth isto todos quedaron abraiados e empezaron a falar de temas aleatorios. Ao caer a noite Alba escoitou falar a Sabine con Damián de que se encargarían da do pelo azul cousa que se refería a Ruth, xa que tiña o pelo así.

O seguinte relato foi o de Diego chamado ‘’A néboa da vinganza’’ que dicía o que lle sucedera a un rapaz que sempre xogaba cos seus amigos no prado de Daniel, un home do pobo, este non lle deixaba e cada vez que os vía chamaba polo Dólar, o seu can, un mastín enorme. Canso disto, o rapaz escoitou unha conversación entre o seu tío e a súa nai e dicía que ía a comprar veleno para as patacas e así e o que se lle ocorreu foi envelenar ao can, e así foi, ca consecuencia de que este morrera. Pasou días sen saír da casa. Daniel cruzábase co rapaz e mirábao raro e incluso nalgún momento fixo unha especie de ameazas. Aos 19 anos marchou cara a cidade a estudar e deixou atrás todos esas cousas que tiña na cabeza da súa infancia. Os rumores chegaron a el, Daniel morrera. Anos despois camiño a vila para ir visitar aos seus pais, na estrada había moita néboa e en medio desta apareceu un home, Daniel, era o seu espírito, e fico que o home tivera un accidente. Cada un seguiu ca súa vida e Carlos por fin esqueceu eses malos ratos que pasara.

Despois Ruth leu o seu relato chamado ‘’Un incidente no internado’’ que contaba o que lles pasara a dúas xemelgas, Ester e Rebeca,fillas do conserxe dun internado, a miúdo ían ao río e a súa nai, advertíaas sempre de que podían caer. Cada domingo ían ata Mourelle onde nunha taberna sempre atopaban cos nenos que lle gustaban, Santi e Ignacio, que ían acompañados do seu amigo Mateo. Acompañáronas a por castañas e unha vez alí Santi fixo un xesto non moi agradable contra Rebeca e esta intentando escaparse, resbalou  por unha ladeira abaixo, ata chegar ao río onde caeu, e minutos despois a súa irmán intentando axudar. Levadas pola corrente chegou o momento que perderon o coñecemento. Cando se espertaron estaban nas súas ca,as respectivas e xa pasaran 2 meses dende iso, déronse de conta que ninguén lle facía caso e non o entenderon ata que atoparon unha carpeta que poñía ‘’Ester e Rebeca’’ onde había recortes de xornais nos que falaban da morte destas. Coma agora eran espíritos andaban polo internado onde vivían os mozos cos que estiveran aquel día. Mantiñan longas conversacións os tres do que pasara aquel día e cansas das ganas de vingarse as xemelgas e envelenaron a Santi e a Ignacio con gasosa e arsénico. Co que non contaban as rapazas e que lle botaran a culpa a Mateo, o compañeiro dos rapaces pero así foi. O día que o detiveron non sabían que facer para que non o detiveran así que decidiron tirar dende o alto do internado unha estatua caen enriba de Mateo provocando a morte deste. Agora xa terían amigos cos que falar.

Ao acabar Ruth de ler o seu relato todos quedaron calados e un rato despois Sabine expuxo o que pensaba de todos os relatos. Minutos despois viuse unha sombra, era Damián, ameazounos con que ían morrer, pero pouco despois os seus corpos esvaecéronse (o de Damián e Sabine) e desapareceron, con isto déronse conta de que a neve viña sento que a morte cae sobre os vivos e tamén sobre os mortos

COMENTARIO: O libro encantoume, aínda que por veces fíxome pasar medo. É un libro que engancha xa que empezas a lelo e quédase cas ganas de saber o que pasará. Gustoume moito.

PUNTUACIÓN NUMÉRICA: 10.

RECOMENDACIÓN  LECTORA: Eu recomendo este libro a xente que lle gusten as historias de medo e de terror, que lle guste pasar medo e sobre todo moita intriga.

NOVA PORTADA:








1 comentario: