sábado, 21 de mayo de 2016

IRMÁN DO VENTO

 E esta é a miña derradeira lectura deste maravilloso ano. Para rematar decidín ler un libro que non esperaba para nada que me gustase, pero que me animaban a ler, este é "Irmán do vento", e como moi ben din, non hai que xuzgar un libro pola súa portada. Converteuse no meu libro favorito, e tamén o que espero volver a ler en verán.



Título: Irmán do vento

Autor: Manuel Lourenzo González

Nado en Vilaboa en 1955, é un escritor galego. Licenciado en Pedagoxía, é profesor de Lingua e Literatura Galegas no instituto Torrente Ballester de Pontevedra. Autor polifacético, ten publicados libros de relatos, novelas, teatro, ademais de obras de literatura infantil e libros de texto. Obtivo varios premios: Pedrón de OuroCarvalho Calero, Café Dublín, García Barros, Narrativas quentes e Merlín en narrativa e O Facho (1990A galiña, o lagarto e o burro) e Estornela en teatro. En 2008 obtivo o Premio Xerais de Novela pola obra O xardín das pedras flotantes. En 2011 gañou o Premio Blanco Amor. Tamén en 2011, gañou o premio "O barco de vapor" pola súa obra "Mundo Arb"

Xénero: Narrativo

Nº de páxinas: 208

Editorial: Xerais 

Data de publicación: 2003

Tema: A vida que sufren os países pobres. É moi realista

Vocabulario: Coloquial

Técnicas narrativas: Está en 1ª persoa e emprega descripcións detalladas e opinións persoais.

Estructura: Está estructurado en 25 capítulos.

Personaxes:


Khaled: Protagonista, soñador, escribe moi ben, é traballador, valente e moi aventureiro.Hadras: Avó de Khaled,é o que manda na familia.Sayiam: Pai de khaled, fillo de Hadras, marcha á segunda guerra e non volta, faleceZulaid: Nova esposa de Siyiam, e queda embarazada de el, pero marcha cos seus pais, tras morrer este.Eimel: Primo de Khaled e sobriño de Siyiam.


Argumento:

Este libro conta a difícil situación que pasan as persoas que viven nun lugar tercer mundista, e as desgrazas que pasan polas condicións as que están expostos. Qhisa Hanni, preto do Lemikush é o sitio onde se desenvolven os feitos, pero céntrase na historia de Khaled, un neno que viviu dúas guerras. A primeira sen dúbida foi a máis difícil de superar xa que falece a súa nai. Anos despois de isto, o pai do protagonista cásase con outra muller a cal chamamos Zulaid. Khaled empatiza perfectamente con un home galego, ao que lle conta que a el lle encanta escribir, cousa que se lle da moi ben, e o galego recomendalle escribir unas cartas ao seu “fillo”.
Pouco despois comeza a segunda guerra, a onde vai seu pai, pero antes de marchar seu pai cóntalle que a súa nova esposa está embarazada do seu irmá. Semanas posteriores chegou unha carta decindo que o seu pai estaba desparecido, capturado polos americanos ou morto. Khaled despois de ler a carta decidiu ir en busca del. Chamou a un tío del para que lle axudase conseguir o diñeiro da viaxe. Despois de superar  unha tormenta de area e atravesar o desert, o noso protagonista emprende un camino ata Bagdad. Durante o camino atravesa un rio de mortos, os americanos captúrano, este escápase e axudado por uns camioneiros atopan ao seu pai en Bagdad, pero desgraciadamente morto. Khaled secuestra a un piloto americano para que o leve de volta á casa. Ao chegar enterran aos seus pais xuntos, xusto o día do décimo sexto aniversario de Khaled, e un home apareceu cun cabalo que o pai lle comprara antes de marchar á guerra. Chamou ao cabalo Ahu al-Rih, irmán do vento.


Comentario: 

Encantoume, fíxome sentir e darme conta do que outros nenos poden sufrir e que o pasan moi mal, á vez que é triste e moi realista, recomendoo para todos xa que é facil de ler e é unha obra fantástica.


Nova portada:



No hay comentarios:

Publicar un comentario