sábado, 21 de mayo de 2016

IRMÁN DO VENTO

 E esta é a miña derradeira lectura deste maravilloso ano. Para rematar decidín ler un libro que non esperaba para nada que me gustase, pero que me animaban a ler, este é "Irmán do vento", e como moi ben din, non hai que xuzgar un libro pola súa portada. Converteuse no meu libro favorito, e tamén o que espero volver a ler en verán.



Título: Irmán do vento

Autor: Manuel Lourenzo González

Nado en Vilaboa en 1955, é un escritor galego. Licenciado en Pedagoxía, é profesor de Lingua e Literatura Galegas no instituto Torrente Ballester de Pontevedra. Autor polifacético, ten publicados libros de relatos, novelas, teatro, ademais de obras de literatura infantil e libros de texto. Obtivo varios premios: Pedrón de OuroCarvalho Calero, Café Dublín, García Barros, Narrativas quentes e Merlín en narrativa e O Facho (1990A galiña, o lagarto e o burro) e Estornela en teatro. En 2008 obtivo o Premio Xerais de Novela pola obra O xardín das pedras flotantes. En 2011 gañou o Premio Blanco Amor. Tamén en 2011, gañou o premio "O barco de vapor" pola súa obra "Mundo Arb"

Xénero: Narrativo

Nº de páxinas: 208

Editorial: Xerais 

Data de publicación: 2003

Tema: A vida que sufren os países pobres. É moi realista

Vocabulario: Coloquial

Técnicas narrativas: Está en 1ª persoa e emprega descripcións detalladas e opinións persoais.

Estructura: Está estructurado en 25 capítulos.

Personaxes:


Khaled: Protagonista, soñador, escribe moi ben, é traballador, valente e moi aventureiro.Hadras: Avó de Khaled,é o que manda na familia.Sayiam: Pai de khaled, fillo de Hadras, marcha á segunda guerra e non volta, faleceZulaid: Nova esposa de Siyiam, e queda embarazada de el, pero marcha cos seus pais, tras morrer este.Eimel: Primo de Khaled e sobriño de Siyiam.


Argumento:

Este libro conta a difícil situación que pasan as persoas que viven nun lugar tercer mundista, e as desgrazas que pasan polas condicións as que están expostos. Qhisa Hanni, preto do Lemikush é o sitio onde se desenvolven os feitos, pero céntrase na historia de Khaled, un neno que viviu dúas guerras. A primeira sen dúbida foi a máis difícil de superar xa que falece a súa nai. Anos despois de isto, o pai do protagonista cásase con outra muller a cal chamamos Zulaid. Khaled empatiza perfectamente con un home galego, ao que lle conta que a el lle encanta escribir, cousa que se lle da moi ben, e o galego recomendalle escribir unas cartas ao seu “fillo”.
Pouco despois comeza a segunda guerra, a onde vai seu pai, pero antes de marchar seu pai cóntalle que a súa nova esposa está embarazada do seu irmá. Semanas posteriores chegou unha carta decindo que o seu pai estaba desparecido, capturado polos americanos ou morto. Khaled despois de ler a carta decidiu ir en busca del. Chamou a un tío del para que lle axudase conseguir o diñeiro da viaxe. Despois de superar  unha tormenta de area e atravesar o desert, o noso protagonista emprende un camino ata Bagdad. Durante o camino atravesa un rio de mortos, os americanos captúrano, este escápase e axudado por uns camioneiros atopan ao seu pai en Bagdad, pero desgraciadamente morto. Khaled secuestra a un piloto americano para que o leve de volta á casa. Ao chegar enterran aos seus pais xuntos, xusto o día do décimo sexto aniversario de Khaled, e un home apareceu cun cabalo que o pai lle comprara antes de marchar á guerra. Chamou ao cabalo Ahu al-Rih, irmán do vento.


Comentario: 

Encantoume, fíxome sentir e darme conta do que outros nenos poden sufrir e que o pasan moi mal, á vez que é triste e moi realista, recomendoo para todos xa que é facil de ler e é unha obra fantástica.


Nova portada:



miércoles, 18 de mayo de 2016

O ACHADO DO CASTRO

Título: O achado do castro

Autor:
Manuel Núñez Singala.
Nado en Lugo no ano 1963. Pasa a súa infancia en Vilalba e máis tarde estudia, traballa e vive en Santiago de Compostela. Sempre lle gustou escribir. Estudou filoloxía galega e traballou no Parlamento de Galicia e logo na Universidade de Santiago.

Premio:

Premio Xiria de Creación Teatral no 1987, por O achado do castro


Editorial:
Sotelo Blanco



Edición:
1º edición - Santiago de Compostela, decembro de 1990



Nº páxinas: 75
Xénero: Teatral

Argumento:

No libro existen dous bandos, nun Catulo e Caleno pretenden roubar o medallón do emperador facéndose pasar por Citrón, surxe o amor entre Manolitus e Carmiñae, pero está relación non lle gusta aos seus pai e o Emperador e Arpexia ordenan aos soldados que os vixilaran para encadealos en canto os viran xuntos, e así foi ata que o seu amor volveo a ser o mesmo que o dos seus respectivos pais.  Ao final celébranse as dúas bodas en conxunto e Catulo e Caleno non consiguen o medallón que querían roubar, e así remata a historia.

Temas: O amor
Estructura: Está dividido en 2 actos e por diálogos.

Personaxes:

-Manuel Núñez Singala o cal dirixe a obra.
-Ladróns, un listo e grodo e outro tonto e fraco.
-Soldado 1 e Soldado 2 (son semellantes, marciais, aínda que o soldado 1 é unha muller)
-Manolitus e Carmiñae (Rapaz e rapaza novos e namorados. Manolitus é fillo de Arpexia e Carmiñae é filla do Emperador)
-Emperador (Emperador romano vulgar. Pai de Carmiñae)
-Arpexia (Comercianta con carácter. Nai de Manolitus)
-Citrón (Un sabio tímido que está sometido ó Emperador)
-Escravo (Personaxe de cor esperto e moi irónico)

Lugar:
No palacio imperial

Tempo:
Na Roma do pasado

Narrador:
Narrador en 3º persoa omniscente

Vocabulario: Culto

Opinión persoal: Gustoume moito a verdad como conta a historia, como che fai pensar naquela época e como de algún xeito sumerllerte en aquel momento da historia. Foi un dos meu libros favoritos ata o momento de este curso.


Nova portada:


MIÑA QUERIDA SHEREZADE!

   Antes de comenzar coa ficha de lectura quería destacar que este, ata o momento, foi o libro que máis me sorprendeu xunto co Corazón de Xúpiter, por como conta a historia e sen ir máis alá, a historia en sí.

Título: Miña Querida Sherezade

Autor/a:  

 Andrea Maceiras; Nada en A Coruña en 1987, é unha escritora galega.
Licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galega, doutorada na Universidade de A Coruña. 

                                                                          Algúns premios:
  • Finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011, por Nubes de evolución.
  • Terceiro premio do XIV Premio de Poesía Díaz Jácome, por Auga lonxincua en 2013.
  • Gañadora do Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2014, por Miña querida Sherezade.





Editorial: Baía Edicións

Nº de páxinas: 134

Xénero: Narrativo

Temas:

 - Principal: O tema principal penso que é a importancia que teñen os libros para nós, que hai libros especiais e que nos marcan.

- Secundario: A importancia de que os personaxes pervivan.

Personaxes:

A principal é Sherezade: que en sí é un libro á súa vez, nel tamén aparecen para salvalo moitos outros personaxes significativos como o son Simbad o Mariñeiro, Aladino ou Alí Babá.

Tempo: Pasado

Estructura: Por capítulos

Vocabulario: Coloquial

Argumento:


Este libro trata da vellez dun libro, onde os seus protagonistas danlle as costas porque non teñen a vida desexada, polo tanto o libro cae enfermo. O libro conta que antes de morrer  quere contar a súa última historia, a cal non ten escrita nas súas páxinas pero que retén dentro do seu corazón.  

Aparecen nesta bonita historia persoaxes tan coñecidos como Simbad o mariñeiro, Alí Babá  ou Aladino, entre outros. Salían persoaxes froito da imaxinación de Sherezade, o libro, o cal quería salvarse.

 Sherezade intenta decir que cada vez que un libro é leído gaña un pouco máis de vida, e crea unha nova historia.


Lugar: A imaxinaxión de Sherezade, que á súa vez é intinerante.

Novo título: Léeme

Nova portada:




















miércoles, 4 de mayo de 2016



A NEVE INTERMINABLE
TÍTULO: A neve interminable.

AUTOR: Agustín Fernández Paz naceu no 1947 en Vilalba (Lugo). É perito industrial e licenciado en Ciencias da Educación. N a actualidade dedícase a escritura. Unha das súas primeiras obras foi Cartas de Inverno e algunhas das máis importantes: Aire Negro (2000), Rapazas (2003), Trece Anos de Branca (1994)…

EDITORIAL: Xerais.

Nº DE PÁXINAS: 180 páxinas.

XÉNERO: De medo

TEMAS:

-Principais: o medo e o terror.

-Secundarios: a vinganza e a amizade.

Personaxes:

-Principais:

Diego: parexa de Irene e amigo de Alba.

Alba: a narradora e coordinadora do grupo.

Irene: parexa de Diego e amiga de Alba.

Miro: amigo da parexa e tamén compañeiro dos sucesos.

Ruth: amiga da parexa e tamén compañeira dos sucesos.

-Secundarios:

Damián: marido de Sabine e dono do hostal.

Sabine: muller de Damián.

Abraham: tradutor que traballa no hostal.

Rebeca e Tania: mozas que tamén se hospedan alí e desaparecen.

ÉPOCA: Século XVI.

DURACIÓN: Unha semana aproximadamente.

LOCALIZACIÓN: Hostal Providencia, no concello d’A Fonsagrada.

ESTRUCTURA: Capítulos.

É descontinuo, xa que falan e lembran cousas do pasado.

ESTILO:

VOCABULARIO: Culto.

RECUROS ESTILÍSTICOS:Si, metáfora, unha frase que o autor di a miúdo, ‘’Xeóuseme a sangue’’.

ARGUMENTO:

         Alba Novo, unha guionista encárganlle ir ás montañas de Lugo a facer o guión dunha serie chamada ‘’As fronteiras do medo’’.

Unha produtora ponlle o posto de coordinadora do grupo, e esíxenlle escoler 4 persoas que lle acompañarán, non dudou en Diego e Irene, compañeiros da facultade. Nunha cea que organizaron para falar do tema, preséntanlle a Miro e a Ruth, amigos da parexa e unhas persoas que lle pareceron idóneas a Alba para iso.

O 18 de xaneiro saen cara o hostal onde se hospedarían, chamado ‘’Hostal Providencia’’, onde quedaron incomunicados. Rebeca e Tania, dúas mulleres que tamén se hospedaban alí e cas que coincidían a miúdo colleron rumbo a Lugo con Damián, nunca máis volveron.

Xa que non había electricidade e fartos do aburrimento, decidiron que cada un escribise un relato de medo e despois leríanse en alto para todos.

O primeiro foi Miro cun relato chamado ‘’A Casa Azul’’ que contaba a historia dun neno chamado Carlos que vivía en Pontevella. Cada día ía ao prado ca súa nai, pero sempre pasaban por xunto a Casa Azul e a súa nai sempre baixaba a cabeza, nunca entendeu isto, ata que foi máis maior, e fixeron unha aposta el e os amigos na que tiñan que  manterse ata que puidesen cerca da casa, Carlos non tardou en voltar xa que escoitaba ruídos,  arañazos…Anos despois casouse con Diana e o seu sogro, que era arquitecto, íalles agasallar un chalé, pero este estaba situado onde estivera a casa. Cada noite escoitaba  os mesmos ruídos que aquel día de cativo, ata o día que morreu, dun repentino incendio do que ninguén soubo as causas.

A segunda foi Irene cun relato chamado ‘’Herdanza de sangue’’ que narraba a historia dun home chamado Roque, que se separara fai pouco e que se mudara á casa do seu tío Cristovo que morrera fai pouco e lla deixara en herdanza. Un día Lavina, unha fel amiga de Cristovo, díxolle que podía seguir facendo unha renda a artistas que viña á cidade decidiu utilizar de renda unha habitación que tiña un peculiar espello. Todos os inquilinos deixaban a cada de madrugada e cunha nota, isto pareceulle moi estraño e decidiu e durmir alí 3 noites, pola noite escoitaba ruídos, vía sombras… ata o día que decidiu abrir os ollos e deuse de conta que era o seu tío máis a filla deste e que o converteran nun vampiro.

Os días seguían pasando sen novidades ata que Ruth atopou nun sobre debaixo da mesa de noite, unha carta dunha rapaza chamada Lucía que estivo alí hospedada e un día en Lugo paseando polas rúas atopou unha páxina dun xornal que falaba dun accidente que lle sucedera a un mozo e unha moza romaneses que coincidían cas iniciais de Damián e Sabine. Ao chegar ao hostal os donos xa se entearan do que pasara e ameazárona e dixéronlle que sería a derradeira noite que estaría alí. Ao acabar de ler Ruth isto todos quedaron abraiados e empezaron a falar de temas aleatorios. Ao caer a noite Alba escoitou falar a Sabine con Damián de que se encargarían da do pelo azul cousa que se refería a Ruth, xa que tiña o pelo así.

O seguinte relato foi o de Diego chamado ‘’A néboa da vinganza’’ que dicía o que lle sucedera a un rapaz que sempre xogaba cos seus amigos no prado de Daniel, un home do pobo, este non lle deixaba e cada vez que os vía chamaba polo Dólar, o seu can, un mastín enorme. Canso disto, o rapaz escoitou unha conversación entre o seu tío e a súa nai e dicía que ía a comprar veleno para as patacas e así e o que se lle ocorreu foi envelenar ao can, e así foi, ca consecuencia de que este morrera. Pasou días sen saír da casa. Daniel cruzábase co rapaz e mirábao raro e incluso nalgún momento fixo unha especie de ameazas. Aos 19 anos marchou cara a cidade a estudar e deixou atrás todos esas cousas que tiña na cabeza da súa infancia. Os rumores chegaron a el, Daniel morrera. Anos despois camiño a vila para ir visitar aos seus pais, na estrada había moita néboa e en medio desta apareceu un home, Daniel, era o seu espírito, e fico que o home tivera un accidente. Cada un seguiu ca súa vida e Carlos por fin esqueceu eses malos ratos que pasara.

Despois Ruth leu o seu relato chamado ‘’Un incidente no internado’’ que contaba o que lles pasara a dúas xemelgas, Ester e Rebeca,fillas do conserxe dun internado, a miúdo ían ao río e a súa nai, advertíaas sempre de que podían caer. Cada domingo ían ata Mourelle onde nunha taberna sempre atopaban cos nenos que lle gustaban, Santi e Ignacio, que ían acompañados do seu amigo Mateo. Acompañáronas a por castañas e unha vez alí Santi fixo un xesto non moi agradable contra Rebeca e esta intentando escaparse, resbalou  por unha ladeira abaixo, ata chegar ao río onde caeu, e minutos despois a súa irmán intentando axudar. Levadas pola corrente chegou o momento que perderon o coñecemento. Cando se espertaron estaban nas súas ca,as respectivas e xa pasaran 2 meses dende iso, déronse de conta que ninguén lle facía caso e non o entenderon ata que atoparon unha carpeta que poñía ‘’Ester e Rebeca’’ onde había recortes de xornais nos que falaban da morte destas. Coma agora eran espíritos andaban polo internado onde vivían os mozos cos que estiveran aquel día. Mantiñan longas conversacións os tres do que pasara aquel día e cansas das ganas de vingarse as xemelgas e envelenaron a Santi e a Ignacio con gasosa e arsénico. Co que non contaban as rapazas e que lle botaran a culpa a Mateo, o compañeiro dos rapaces pero así foi. O día que o detiveron non sabían que facer para que non o detiveran así que decidiron tirar dende o alto do internado unha estatua caen enriba de Mateo provocando a morte deste. Agora xa terían amigos cos que falar.

Ao acabar Ruth de ler o seu relato todos quedaron calados e un rato despois Sabine expuxo o que pensaba de todos os relatos. Minutos despois viuse unha sombra, era Damián, ameazounos con que ían morrer, pero pouco despois os seus corpos esvaecéronse (o de Damián e Sabine) e desapareceron, con isto déronse conta de que a neve viña sento que a morte cae sobre os vivos e tamén sobre os mortos

COMENTARIO: O libro encantoume, aínda que por veces fíxome pasar medo. É un libro que engancha xa que empezas a lelo e quédase cas ganas de saber o que pasará. Gustoume moito.

PUNTUACIÓN NUMÉRICA: 10.

RECOMENDACIÓN  LECTORA: Eu recomendo este libro a xente que lle gusten as historias de medo e de terror, que lle guste pasar medo e sobre todo moita intriga.

NOVA PORTADA:








sábado, 27 de febrero de 2016

PENÚLTIMAS TENDENCIAS

Autor/a:  Carlos Negro, nado en Lalín, en outubro de 1970, é un poeta galego.É profesor de lingua e literatura galega. Ademais de participar no 2003 proxecto colectivo "Negra sombra", unha intervención poética contra a marea negra, ten colaborado en diversas revistas de literatura e poesía, entre as que se encontran Ólisbos eDorna, así como nos boletíns literarios promovidos pola Fundación A Solaina de Piloño (Vila de Cruces).

Xénero: Poético 


Editorial: Xerais


Resumo: Este é un libro de poesía no que unha rapaza fala como ela é diferente na moda, na ideoloxía e en moitos máis aspectos como pode ser gusto ou as amizades. Expresa tamén o que pensa sobre os demáis e sobre a sociedade actual en xeral.


Temas: O tema xeral deste libro é como unha moza deixa atrás a opinión que ten a xente sobre os seus gustos e se abre a outros distintos.


Estructura: Esta estructurada por capítulos e á súa vez por poesías diferentes sobre o mesmo tema.


Personaxes: Non hai persoaxes, únicamente unha rapaza da que non sale o nome.


Lugar onde transcorre a acción: Non aparece lugar específica donde teñen lugar os acontecementos.


Tempo: Isto transcorre na actualidade


Técnicas narrativas: Todas as poesías están escritas en 1ª persoa e hai bastantes metáforas


Vocabulario: Vocabulario coloquial e vulgar.


Opinión persoal: Este libro foi un dos mellores cos que me sinto identificada moito en todo momento, e gustoume moito. Tamén me incitou a leer moito.


Nova portada:




                                                     PENÚLTIMAS TENDECIAS



Autor/a:
 Carlos Negro, nado en Lalín, en outubro de 1970, é un poeta galego.É profesor de lingua e literatura galega. Ademais de participar no 2003 proxecto colectivo "Negra sombra", unha intervención poética contra a marea negra, ten colaborado en diversas revistas de literatura e poesía, entre as que se encontran Ólisbos eDorna, así como nos boletíns literarios promovidos pola Fundación A Solaina de Piloño (Vila de Cruces).


Xénero: Poético 


Editorial: Xerais


Resumo: Este é un libro de poesía no que unha rapaza fala como ela é diferente na moda, na ideoloxía e en moitos máis aspectos como pode ser gusto ou as amizades. Expresa tamén o que pensa sobre os demáis e sobre a sociedade actual en xeral.


Temas: O tema xeral deste libro é como unha moza deixa atrás a opinión que ten a xente sobre os seus gustos e se abre a outros distintos.


Estructura: Esta estructurada por capítulos e á súa vez por poesías diferentes sobre o mesmo tema.


Personaxes: Non hai persoaxes, únicamente unha rapaza da que non sale o nome.


Lugar onde transcorre a acción: Non aparece lugar específica donde teñen lugar os acontecementos.


Tempo: Isto transcorre na actualidade


Técnicas narrativas: Todas as poesías están escritas en 1ª persoa e hai bastantes metáforas


Vocabulario: Vocabulario coloquial e vulgar.


Opinión persoal: Este libro foi un dos mellores cos que me sinto identificada moito en todo momento, e gustoume moito. Tamén me incitou a leer moito.


Nova portada:


 









domingo, 17 de enero de 2016

                                                     MADE IN GALIZA



AUTOR: Séchu Sende. Nado en Padrón en 1972, é un escritor galigo.
Iniciouse como poeta e vinculado ao Colectivo Poético Serán Vencello, formando parte da xeración dos noventa. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa.
Ten traballado en publicidade social. Foi o creador do primeiro xogo do rol en galego. Algúns premios son :

Premio Blanco Amor, 2003
Premio Anxel Casal, 2007
Premio María Casares, 2012
Premio Max, 2012


ARGUMENTO: Este libro consta de moitas historias, as cales non teñen moito que ver, sólo en que todas mostran as diferencias sociolingüisticas entre o galego e o castelán. Con todo esto o argumento de esta obra poderíamos decir que son as diferenzas entre estas linguas monstradas en diversas situacións e diferentes exemplos moi orixinais.


TEMA: Diferenzas sociolingüisticas entre o galego e o castelán. A perda da lingua galega tamén sería un tema tratado neste libro.


ESTRUCTURA:

-Externa: Esta obra conta con 42 historias diferentes narradas en 154 páxinas.

-Interno: Non ten estructura interna, xa que, cada historia conta con algo distinto. En sí, o libro non ten estructura interna.



PERSONAXES: En cada historia hai personaxes distintos. A principal (que están todas ) é a lingua galega.



LUGAR ONDE TRANSCORREN OS FEITOS: Galiza.


TEMPO: Cada unha das historias están contadas en diferentes épocas.


DURACIÓN: Cada unha dura diferente cantidade de tempo.


TÉCNICAS NARRATIVAS: Dependendo da historia en terceira ou primeira persoa.


VOCABULARIO: Case todas teñen vocabulario coloquial, exceptuando casos de vocabulario vulgar-


OPINIÓN PERSOAL: Esta obra de Séchu Sende ensinoume as poucas persoas que valoramos a nosa lingua, e como que o paso do tempo cada vez máis familias educan os seus fillos falando castelán en vez de galego. Tamén me divertin con algunhas historias moi oruxinais que aparencen no libro como a de "Endexamáis vou perder a miña lingua", para mín xunto coa primeira do libro son as miñas favoritas.


NOVA PORTADA: